Áreas de práctica Gabinete Xurídico Matrimonial

Avogados matrimonialistas en Vigo

Áreas de práctica:

Temos unha sólida e prolongada experiencia sendo abogados matrimonialistas en Vigo. Especializándonos en todas as áreas do dereito de familia, especialmente como avogados matrimonialistas, para ofrecer aos nosos clientes o trato máis profesional e os mellores resultados.

Ao dedicarnos desde os inicios á área matrimonialista en particular, permitiunos ser expertos en cada detalle destas competencias, coñecendo as prácticas en profundidade, para poder dar aos nosos clientes máis que respostas, solucións.

Avogados matrimonialistas en Vigo con máis de 20 anos de experiencia, dedicados a ofrecer o servizo máis personalizado e as mellores solucións en todas as prácticas do dereito de familia

As nosas principais labores son as seguintes:

Separación e divorcio

Os procedementos son similares, a diferenza é que so o divorcio extingue o vínculo matrimonial e permite volver contraer matrimonio, a separación permite a independencia no ámbito persoal e patrimonial.

Herdanzas

É o acto xurídico mediante o cal unha persoa que falece transmite a outra ou outras persoas (herdeiros) os seus bens, dereitos e obrigacións.

Parellas de feito

É a unión estable de convivencia entre dúas persoas maiores de idade, que non están unidas por matrimonio, sen importar a súa orientación sexual. O seu procedemento é similar ao de separación e divorcio.

Incapacitación legal: Tutela

É unha institución xurídica cuxo obxectivo é a garda dunha persoa e/ou os seus bens, que é incapaz de coidarse por si mesma, xa sexa por ser menor de idade ou estar declarada como incapacitada.