"Avogados en Vigo con máis de 20 anos de experiencia, dedicados a ofrecer o servizo máis personalizado e as mellores solucións en todas as prácticas do dereito de familia" - Gabinete Xurídico Matrimonial

Avogados de familia en Vigo

Gabinete Xuridico Matrimonial.

Fundamos o Gabinete Xurídico Matrimonial no ano 1992 na cidade de Vigo.

Desde os inicios, dedicámonos a todas as áreas relacionadas coa práctica do dereito de familia, sendo referentes como avogados de familia en Vigo.

Temos unha longa e sólida traxectoria, traballando xuntos durante máis de 20 anos, ofrecendo aos nosos clientes unha completa dedicación, servizo personalizado e as mellores solucións posibles nas nosas áreas de especialización.

Estamos dispoñibles para atendelos no noso despacho no centro da cidade de Vigo.

despacho general
O teu interese será o noso interese. - Mercedes Carreira Varela. Gabinete Xurídico

Abogados

Somos un equipo de avogados en Vigo especialistas en Dereito de Familia. Os nosos máis de 20 anos de experiencia traballando xuntos aválannos como avogados de familia referentes en Vigo.

despacho general Mercedes

Mercedes Carreira Varela

  • Licenciada en Dereito pola Facultade de Santiago de Compostela
  • Colexiada Nº 1127 do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo desde abril de 1992
  • Socia Fundadora do Gabinete Xurídico Matrimonial desde o ano 1992
  • Especialista en Dereito de Familia
  • Mediadora Familiar Nº 60 do Registro de Mediadores Familiares da Xunta de Galicia
  • Contadora - Partidora xudicial
  • Avogada dos Servizos Sociais do Concello de Redondela
  • Membro da Irmandade Xurídica Galega
despacho general Isabel

Isabel Olcina Salinas

  • Licenciada en Dereito pola Facultade de Santiago de Compostela
  • Colexiada Nº 1254 do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo desde abril de 1993
  • Socia do Gabinete Xurídico Matrimonial desde o ano 1993
  • Especialista en Dereito de Familia
  • Mediadora Familiar do Registro de Mediadores Familiares da Xunta de Galicia
  • Contadora - Partidora xudicial
despacho general Enrique

Enrique Pantín Álvarez

  • Licenciado en Dereito pola Facultade de Santiago de Compostela
  • Colexiado Nº 2651 do Ilustre Colegio de Abogados de Pontevedra
  • Socio do Gabinete Xurídico Matrimonial desde o ano 2001
  • Especialista en Dereito Civil e Mercantil

Por que nós?

Experiencia

Máis de 20 anos de dedicación avalan a nosa sólida traxectoria. Traballamos en diversos casos, con diferentes persoas, aprendendo dos nosos primeiros erros para prover aos nosos clientes das mellores solucións.

Dedicación

Cada un dos nosos clientes é primordial para nós. Tratamos cada caso como único, implicándonos desde o primeiro ata o último detalle.

Proximidade

Gústanos o trato cara a cara. Desde a primeira cita, tratamos o caso persoalmente, sen intermediarios, explicando e escoitando, cunha linguaxe clara e sinxela.

Especialización

Desde os inicios, decidimos especializarnos, dedicándonos a unha área específica do dereito: o dereito de familia. Ao especializarnos nesta práctica durante tantos anos, permitiunos traballar en profundidade e ser expertos no sector.

Servizo a medida

Cada persoa é única; por iso, o servizo que ofrecemos a cada cliente tamén o é. Non trasladamos un modelo a todo, senón que damos un servizo a medida para cada necesidade e cada persoa.